Chega o outono…

e con el as novidades na carta da Mazaroca, aproveitando os produtos de tempada tan fantásticos que temos en Vilaboa e arredores. Como estamos con redución de aforo polo COVID iremos cada semana variando a carta sempre cos clásicos da Mazaroca de fondo. Aquí podes ollar todas as opcións coas que xogaremos na carta semana a semana:

Comezamos…

cos produtos da tempada outono/inverno

  • Cocido con “bolo do pote” por encarga, 4 persoas mínimo
  • Croquetas Mazaroca
  • Ovos rotos con chourizo e pan de millo
  • Táboa de queixos galegos con marmeladas caseiras: Cebreiro, queixo azul Lara & Sara, queixo con pementón de la Vera, queixo San Simón e tetilla.
  • Táboa de embutidos ibéricos: xamón, chourizo, salchichón e lombo

  • Tostas da casa
  • Xamón asado a baixa temperatura
  • Hamburguesas de carne de tenreira ou de vaca vella follas de mostaza, tomate e queixo, follas de rúcula, tomate deshidratado e queixo; leituga, tomate, cebola, queixo, ovo e touciño
  • Queixos a elexir: rulo de cabra, queixo azul Lara & Sara Patatas fritas con Ketchup e mostaza
  • Cogumelos rebozados, salteados ou en guiso con fabas de Lourenzá

e seguimos …

coas clásicas especialidades da carta

  • Croquetas de langostino Empanada Mazaroca
  • Bacallau ao forno con costra de pan de millo
  • Xarrete de tenreira estufado con patacas fritas e verduras salteadas

cos produtos do mar que sempre están presentes na Mazaroca

  • Mexillón de Galicia DOP en escabeche
  • Pescada do pincho de Celeiro á galega
  • Polbo de Ons á feira
  • Peixe espada de palangreiros galegos á prancha con verduras da horta e cachelos
  • Bonito de Burela na costeira ou de palangreiros galegos a prancha ou en escabeche e ensalada

cas carnes máis demandadas

  • Polo da casa guisado
  • Picaña de vaca vella suprema a prancha ou a parrilla
  • Croca a prancha ou a parrilla

coas ensaladas e produtos da horta

  • Ensalada con queixo, noces e bacon
  • Revolto de verduras da horta e langostinos
  • Tortilla de verduras da horta

e para rematar…

as deliciosas sobremesas

  • Brownie de Rosa con xeado de vainilla
  • Sopas de cabalo cansado ao estilo da Mazaroca
  • Arroz con leite e caramelo queimado
  • Bombón de queixo con marmelada de tempada
  • Crumble de mazá quente con xeado de vainilla