Chega o outono…

e con el as novidades na carta da Mazaroca, aproveitando os produtos de tempada tan fantásticos que temos en Vilaboa e arredores. Como estamos con redución de aforo polo COVID iremos cada semana variando a carta sempre cos clásicos da Mazaroca de fondo. Aquí podes ollar todas as opcións coas que xogaremos na carta semana a semana:

Comezamos…

cos produtos da tempada outono/inverno

  • Cocido con “bolo do pote” todos los domingos.
  • Croquetas Mazaroca *
  • Ovos rotos con chourizo e pan de millo *
  • Táboa de queixos galegos con marmeladas caseiras:
    • Queixo azul Lara & Sara, Queixo con pementón de la Vera, Queixo San Simón, Queixo tetilla e Queixo de Arzúa
  • Táboa de embutidos ibéricos: xamón, chourizo, salchichón e morcilla

  • Tostas da casa
  • Xamón asado a baixa temperatura
  • Hamburguesas de carne de tenreira ou de vaca vella con:
    • follas de mostaza, tomate e queixo
    • follas de rúcula, tomate deshidratado e queixo
    • leituga, tomate, cebola, queixo, ovo e touciño
    • Queixos a elexir: rulo de cabra, queixo azul Lara & Sara e San Simón
    • e acompañadas de patacas fritas con ketchup caseiro e mostaza
  • Cogumelos rebozados, salteados ou en guiso con fabas de Lourenzá *

e seguimos …

coas clásicas especialidades da carta

  • Croquetas de langostino
  • Empanada Mazaroca *
  • Bacallau ao forno con costra de pan de millo
  • Xarrete de tenreira estufado con patacas fritas e verduras salteadas

cos produtos do mar que sempre están presentes na Mazaroca

  • Mexillón de Galicia DOP en escabeche
  • Pescada do pincho de Celeiro á galega
  • Polbo de Ons á feira
  • Peixe espada de palangreiros galegos á prancha con verduras da horta e cachelos
  • Bonito de Burela na costeira ou de palangreiros galegos a prancha ou en ensalada escabechado

cas carnes máis demandadas

  • Polo da casa guisado *
  • Picaña de vaca vella suprema a prancha ou a parrilla
  • Croca a prancha ou a parrilla

coas ensaladas e produtos da horta

  • Ensalada con mixtura de leitugas, froitos secos, tomate, bacon, rulo de cabra e vinagreta de mel e mostaza
  • Revolto de verduras da horta
  • Tortilla de verduras da horta

e para rematar…

as deliciosas sobremesas

  • Brownie de Rosa con xeado de vainilla
  • Sopas de cabalo cansado ao estilo da Mazaroca
  • Arroz con leite e caramelo queimado
  • Bombón de queixo con marmelada de tempada
  • Crumble de mazá quente con xeado de vainilla

E tortas de cumpreanos e celebracións tamén por encarga.