Esta noite comeza a primavera e as novidades de tempada na Casa de Rosa de Mazaroca. Novos manxares ao voso dispor que iremos incorporando a carta e que ofrecemos dende xa como suxestións:

Os chocos da ría xa están aquí, os mariñeiros de Santa Cristina e San Adrián capturan cada noite na Enseada de San Simón chocos da ría en diversos tamaños que nos traen pola mañá para que os poidades apreciar en toda a súa calidade e frescura.

 Rita, a cociñeira, prepáraos para vos en tres receitas clásicas e moi saborosas: chocos guisados con patacas e ervillas, chocos con arroz negro e chocos a prancha servidos con patacas e alioli.

Novos doces están tamén presentes na carta que empeza a mudar para adaptarse aos novos produtos de tempada. Xa temos unha nova sobremesa “O brownie de Rosa” que se serve acompañado de xeado e figuras de chocolate.

Cada semana incorporaremos novos pratos para ofrecer coma sempre máxima calidade con produtos de tempada e de comercio local. Vinde a probar!