Despois de moitos anos compartindo mesa, sabores e momentos, A Casa de Rosa de Mazaroca despídese da súa etapa gastronómica.
Queremos agradecer, de corazón, a todas as persoas que nos acompañaron neste camiño: ás que viñestes unha e outra vez, ás que celebrastes aquí momentos especiais, ás que recomendastes a nosa casa e ás que, dunha maneira ou outra, formastes parte da nosa historia.
Pechamos unha etapa coa tranquilidade e ledicia de saber que o local queda en boas mans e continuará sendo un lugar onde xuntarse e disfrutar ao redor dunha mesa. Aquí comeza a aventura de Charamela, un novo restaurante cun proxecto propio, novas ideas e moita ilusión, que dará continuidade á vida deste espazo desde unha nova mirada.
Os animamos a todos a coñecelo, a acompañalo neste novo camiño e a seguir facendo desta casa un lugar de encontro gastronómico. Grazas por formar parte da nosa historia. Agora a historia continúa con Proxecto Charamela: https://proxectocharamela.com/
