VOLVEN OS DOMINGOS CON COCIDO CON BOLO DE POTE

Dende o Restaurante Casa de Rosa de Mazaroca queremos darlle a benvida ao outono por todo o alto. Para isto dende este domingo 26 de setembro teremos o noso COCIDO CON BOLO DE POTE.

Un cocido feito con moito agarimo e con produtos da casa, un cocido que poderedes desfrutar durante os vindeiros meses todos os domingos.

Ocórresevos mellor maneira de darlle a benvida ao outono e de despedir a semana? A nós non, agardámosvos no noso restaurante, na vosa casa.

Para que non vos falte de nada non vos esquezades de realizar a vosa reserva no 986 061 415.

DESPIDE O VERÁN CONNOSCO!!!

Este venres 24 de setembro despediremos o verán na Casa de Rosa de Mazaroca. Para isto estarán connosco en directo TERAPIA DE GRUPO. Unha cita que terá lugar a partires das 21:00 e para a que sería aconsellable que realizarades a vosa reserva no 986 061415 ou en reservas@mazaroca.com.

Pasaremos un bo rato e despediremos con boa música e a mellor compañía este verán 2021!!!!

AGARDÁMOSVOS!!!!