Felices festas!

Xa lle empezamos a ver as orellas ao 2022 e, que mellor maneira de despedir este ano, que con nós na Mazaroca.
O día 31 abrimos, de 12 da mañán a 7 da tarde, para brindar con vós por este ano que se vai e polo novo ano que, estamos seguras, que chegará cargado de boas novas.
O 1 de xaneiro imos descansar, para coller folgos e retomar o domingo día 2, con máis forza e poder servirvos ese cocido que tan ben senta.

Novas restricións Covid

A partir de hoxe están vixentes as novas restricións COVID polas que nos restaurantes só poderá haber 8 persoas por mesa en interior e 15 persoas en terraza. Tamén teremos que solicitarvos o pasaporte COVID para interior.

Na Mazaroca estamos preparadas para isto, temos unha gran terraza que dende onte xa ten calefacción, podedes vir a visitarnos e xantar ou cear con total seguridade!!!!

OS DOMINGOS: COCIDO NA MAZAROCA

Tendes ganas dun bo cocido? Queredes desfrutar dun dos mellores platos que a gastronomía galega oferta nesta época do ano? Pois todos os domingos tendes unha cita na Casa de Rosa de Mazaroca, onde poderedes degustar o noso cocido con bolo do pote, feito con agarimo, cos mellores produtos, un cocido ao que non lle falta de nada. Consta de:

SOPA DE COCIDO

COCIDO composto por: costilla de cerdo, pezuño, rabo, orella, cacheira, lacón, tenreira, polo da casa, touciño, panceta, chourizo, chourizo ceboleiro, patatas, repolo, fabas ou garbanzos.

E DE POSTRE: FILLOAS!!!!

Facede a vosa reserva no 986 061 415

AGARDÁMOSVOS!!!