A Casa de Rosa de Mazaroca volve, un ano máis, a participar na Festa do Mar de Vilaboa, organizada polo Concello de Vilaboa. Este ano, terá lugar o 13 e 14 de abril no Adro das Festas de San Adrián.
Os protagonistas da III Festa do Mar de Vilaboa, que se consolida con esta nova convocatoria na axenda gastronómica do territorio, serán os produtos da nosa ría. Este ano haberá choco, mexillón e, como novidade, cornicha.
A elaboración destos pratos que farán as delicias dos asistentes correrá a cargo de diversos negocios de restauración do municipio, entre os que nos atopamos. E para dar máis emoción a esta cita celebrarase un concurso no que se entregarán tres premios as receitas co mellor sabor, innovación e presentación.
As racións terán prezos populares que, cabe destacar, serán os mesmos do ano pasado. Deste xeito, o prato de ameixa saldrá por 6€, mentres que o de mexillón estará a 5€ e o de mexillón a 3.5€.
Tamén haberá troula, amenizada pola Banda de Gaitas y Baile Aires de Cobres, Fanfarria Taquekardia e Bregadiers.
