
Ingredientes:
- cogumelos
- allo
- sal
- pementa negra
- aceite de oliva
- brandi
- manteiga
Elaboración:
Picamos o allo en láminas finas.
Refugamolo nun pouco de aceite con coidado de que non tome cor.
Engadimos os cogumelos e salteámolos ben.
Salpimentamos e engadimos un chorriño de brandi. Cando este reduza, poñemos unha noz de manteiga, salteamos ben e servimos.
