
Ingredientes:
- Patata agria
- Cebola
- Pemento vermello
- Pemento verde
- Aceite de oliva 0’4
- Pementón de La Vera doce
- Lomo alto de bacallau
- Pementa branca
- Sal fina
- Pan de millo
- Allo
- Pirixel
Elaboración:
Fritimos as patacas cortadas en panadera para que queden crocantes por fora e brandas por dentro. Salpimentamos e poñemos no fondo dunha fonte para forno.
Sofreímos o pemento, cebola e allo cun pouco de aceite de oliva. Cando empecen a quedar brandos aromatizamos cun pouco de viño branco. Salpimentamos e cubrimos as patatas.
Poñemos o bacallau sobre a cama de patacas e verduras. Desmigamos o pan de millo e cubrimos o bacallao. Mollamos cun pouco de aceite de allo e pirixel e levamos 20 minutos ó forno a 180º.
