Ingredientes:
- bacallau salgado
- leite
- sal
- pementa branca
- ceboliño
- olivas negras
- fariña
Elaboración:
Cocemos o bacallau previamente desalado.
Desbotamos parte do auga de cocción e engadimos o leite. Trituramos, salpimentamos e engadimos a fariña. Removemos ben para que non se pegue no fondo, engadimos o ceboliño.
Cun coitelo cubrimos unha tosta previamente quentada no forno. Decoramos cunhas olivas negras.