Novo pan, novo horario

Na Casa de Rosa de Mazaroca xa elaboramos o noso propio pan. Ven a probalo.Lembra que a partir do 1 de xullo abrimos todos os días en horario de verán e tamén os domingos pola tarde para desfrutar do canastro e da terraza.

De luns a sábado: de 12h a 16h e de 20h a 24h e os domingos: de 12h a 24h.

Por favor, reservade para evitar problemas de aforo.📱 986 061 415 / 620 516 960

San Xoán na Mazaroca

En San Xoán a sardiña pinga no pan…. E na Casa de Rosa de Mazaroca terás 2 sardiñas con pan de millo de balde.😍😋O demais corre pola túa conta. Oferta válida para a noite do 23 de xuño.

Aforo máximo en terraza 45 persoas. Aforo máximo interior 35 persoas.

Por favor reservade, para evitar problemas de aforo.📱 986 061 415 / 620 516 960

Estamos de volta

Moitas grazas pola vosa acollida.

A apertura permitiunos o encontro de novo cos clientes habituais e con novos clientes, agardamos que desfrutarades da renovada terraza e dos produtos da horta.

De momento, mentres a mobilidade estea reducida, abrimos de xoves a domingo, en horario habitual.Lembrade que temos comida para levar e que é preferible reservar, por temas de espazo.

Teléfonos para reservas: 986 061 415 / 620 516 960