post

NOVO HORARIO DE TEMPADA NA CASA DE ROSA DE MAZAROCA

Na Casa de Rosa de Mazaroca estreamos horario. A partir deste luns 16 de setembro abrimos mércores e xoves de 13.30h a 17.00h; venres e sábados de 13.30h a 17.00h e de 20.30h a 24.00h; e domingos de 13.30h a 17.00h. Pechamos os luns e martes por descanso de persoal.

Inauguramos curso 2024/2025 con novas propostas gastronómicas como o noso forno de leña para asados de cabrito, cordeiro, cochinillo… Séguenos en redes sociais (Facebook e Instagram) e non te perdas ningunha das nosas novedades. Tamén podes consultar a carta coas nosas receitas diarias en www.mazaroca.com/carta-semanal.

A desfrutar da comida caseira de tempada na Casa de Rosa de Mazaroca!

post

A Casa de Rosa de Mazaroca estrena horario de verano

Na Casa de Rosa de Mazaroca adiantamos o verán ao 15 de xuño e estreamos horario.

O restaurante estará aberto de luns a sábado de 13.30h a 17.00h e de 20.30h a 24.30h. O cerre de cociña é ás 13.30h e ás 23.00h.

Os domingos abrimos de 13.30h a 17.00h.

Por descanso de persoal pechamos os domingos pola noite e os martes todo o día.

Disfruta do verán na Casa de Rosa de Mazaroca!

post

A Casa de Rosa Mazaroca gaña o Premio á Mellor Presentación na Festa do Mar de Vilaboa 2024

Éxito da Festa do Mar de Vilaboa, que se consolida no panorama gastronómico do Morrazo

A Casa de Rosa de Mazaroca gaña o Premio á Mellor Presentación no Concurso de Cata da III Festa do Mar de Vilaboa. O noso restaurante recibe o galardón pola famosa receita de mexillóns en escabeche.

A festividade, que tivo lugar o 13 e 14 de abril no Adro das Festas de San Adrián, contou coa participación de centenares de persoas, que pudieron saborear, entre outros pratos, as nosas receitas de ameixas, chocos e mexillóns. En concreto, a nosa empanada de mexillóns con chourizo, os mexillóns en escabeche, fabas con ameixas, fideos con ameixas, chocos guisados na súa tinta con cachelos e chocos guisados con garavanzos. Todo para chupar os dedos!

O evento foi un éxito de participación, xa que se serviron, según datos do Concello de Vilaboa, máis de 2.800 racións, un incremento do 40% respecto ao ano anterior.

¡Longa Vida a Festa do Mar de Vilaboa!

A presenza de A Casa de Rosa de Mazaroca nos medios:

A Garboa, Casa de Rosa da Mazaroca e Os Laranxos triunfan na Festa do Mar de VilaboaDiario de Pontevedra

O xurado da Festa do Mar de Vilaboa premia o sabor da Garboa, a innovación do Laranxo e a presentación da MazarocaPontevedra Viva

Premio al sabor de A Garboa, la innovación de Os Laranxos y la presentación de A MazarocaFaro de Vigo

Vilaboa honra los productos de la ría y sus vinos en una concurrida Festa do MarLa Voz de Galicia

La Festa do Mar de Vilaboa incrementó en un 40% la venta de racionesFaro de Vigo

Vilaboa consagra el gusto por el sabor del marDiario de Pontevedra