A Casa de Rosa de Mazaroca atópase no concello de Vilaboa (Pontevedra), nun incomparable entorno natural dentro da Ría de Vigo. Podes disfrutar da contorna facendo rutas de sendeirismo polos muíños do Riomaior (na parroquia de Sta. Cristina de Cobres), visitar as Salinas do Ulló e relaxarte dando unhas voltas pola Lagoa de Castiñeiras, desde onde podes achegarte ao miradoiro de Cotorredondo e admirar toda a Ría.
Outras rutas de sendeirismo a ter en conta: a ruta da Croa, (discorre entre Acuña e Larache), a ruta dos muíños de Vilaboa, que se inicia nas Salinas do Ulló subindo polo río Trasmil (na parroquia de Vilaboa) ata chegar á Lagoa de Castiñeiras,… En Paredes, temos a ruta de Pedra Miranda, que se inicia tamén nas Salinas pasa pola canteira das Lapas e remata nun enclave con fermosas vistas da Ría de Vigo.
Todo o ano Vilaboa ofrece oportunidades de lecer, a contorna invita a descubrir novos recunchos así como actividades culturais e festas ancestrais coma as do Entroido de Cobres.
Os amigos de Bicicleando nos ofrecen diversas rutas en bici pola contorna da Ría de Vigo, por suposto Vilaboa está moi presente. Tamén podemos realizar actividades no mar grazas ós clubes de piragüismo Vilaboa e Náutico Cobres, que organizan periódicamente cursos de iniciación á vela e ó piragüismo.
Rematando o día degustando un bó xantar na Casa de Rosa da Mazaroca acompañado cun viño das adegas dos Areeiros.
Para descansar qué mellor que quedarse nas casas de turismo rural do noso concello: Os Areeiros, Pazo Larache, Rectoral de Cobres,…
Preme sobre a imaxe para obter máis información de cómo chegar á Casa de Rosa de Mazaroca.