post

A Casa de Rosa de Mazaroca volve, un ano máis, a participar na Festa do Mar de Vilaboa, organizada polo Concello de Vilaboa. Este ano, terá lugar o 13 e 14 de abril no Adro de Festas de San Adrián.

Os protagonistas da III Festa do Mar de Vilaboa, que se consolida na axenda gastronómica do territorio con esta nova convocatoria, serán os produtos da nosa ría. Entre outras especialidades, haberá choco, mexillón e, como novidade, cornicha.

A elaboración destos pratos que farán as ledicias dos asistentes correrá a cargo de diversos negocios de restauración do municipio, entre os que nos atopamos. E para dar máis emoción a esta cita celebrarase un concurso no que se entregarán tres premios as receitas con mellor sabor, innovación e presentación.

As racións terán prezos populares que, cabe destacar, serán os mesmos que o ano pasado. Desta forma, o de ameixa será de 6€, o de choco a 5€ e o de mexillón a 3.5€.

Tamén haberá troula, amenizada pola Banda de Gaitas y Baile Aires de Cobres, Fanfarria Taquekardia e Bregadiers.

¡Longa vida a Festa do Mar de Vilaboa!

A continuación, consulta o programa completo de actividades da III Festa do Mar de Vilaboa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *