OS DOMINGOS: COCIDO NA MAZAROCA

Tendes ganas dun bo cocido? Queredes desfrutar dun dos mellores platos que a gastronomía galega oferta nesta época do ano? Pois todos os domingos tendes unha cita na Casa de Rosa de Mazaroca, onde poderedes degustar o noso cocido con bolo do pote, feito con agarimo, cos mellores produtos, un cocido ao que non lle falta de nada. Consta de:

SOPA DE COCIDO

COCIDO composto por: costilla de cerdo, pezuño, rabo, orella, cacheira, lacón, tenreira, polo da casa, touciño, panceta, chourizo, chourizo ceboleiro, patatas, repolo, fabas ou garbanzos.

E DE POSTRE: FILLOAS!!!!

Facede a vosa reserva no 986 061 415

AGARDÁMOSVOS!!!


XA TEMOS LISTOS OS NOSOS MENÚS DE NADAL!!!

Na Casa de Rosa de Mazaroca temos todo listo para celebrar unha das épocas máis especiais do ano, O NADAL. Xa temos ultimados os nosos menús, que podedes ver no apartado de CARTAS. Elexide o que máis vos guste e realizade a vosa reserva.

Xa sabedes que na Casa de Rosa de Mazaroca abrimos en horario de comidas todos os días da semana e de ceas os xoves, venres e os sábados. Podedes elixir o horario que mellor vos veña para ceas de amigos, empresa, familiares… Toda comida ou cea en compañía sabemos que presta moito máis.

Temos un trato delicado, directo e o máis importante, un PRODUTO DE PRIMEIRA CALIDADE.

VINDE A CELEBRAR CONNOSCO O NADAL!!!

VINDE A DESFRUTAR DA MELLOR GASTRONOMÍA NA CASA DE ROSA DE MAZAROCA!!!

NOVIDADES NA MAZAROCA

Coa chegada do outono temos TRES GRANDES NOVIDADES que achegarvos.

  • A primeira: NOVO HORARIO. Horario de outono/inverno na Mazaroca:
    • Abrimos todos os días a mediodía, de 12:00 horas a 16:00 horas.
    • Os xoves, venres e sábados tamén pola noite, de 20:00 horas a 00:00 horas.
    • E os domingos prolongamos a apertura do xantar ata as 19:00 horas, para que poidades vir a desfrutar dunha tarde agradable con sobremesa longa ou merenda doce/salgada na terraza calefactada da Mazaroca ou no agradable comedor interior.
    • Lembrade que os domingos tamén podedes desfrutar dunha longa sobremesa depois de degustar o noso COCIDO CON BOLO DO POTE.
  • A segunda: Para as tardes de domingo no inverno ofrecemos MERENDAS DOCES: a elixir entre:
    • Crumble de mazá.
    • Brownie de Rosa.
    • Bica.
    • Pan doce de Nadal.
    • Todo, acompañada de café ou infusión ou viño quente caseiro.
  • A terceira, tamén nas tardes do domingo: MERENDAS SALGADAS: A elixir entre: táboa de queixos galegos ou táboa de embutidos ibéricos, acompañadas de cervexas, copa de viño ou refrescos.