Semana Santa na Mazaroca

Esta Semana Santa abrimos máis días para que poidades desfrutar en todos os sentidos do noso menú de carnes, peixes, … acompañado dun bó viño. Para degustar en interior, na terraza ou, se o preferides, para levar.

Por exemplo dunha xarda á brasa. Peixe de tempada no seu punto de graxa. Rico, rico. 😍🍷😋 Esta Semana Santa na Casa de Rosa de Mazaroca será moi especial.

HORARIO ESPECIAL de xoves a domingo, 12h a 21h. Vai reservando mesa👉☎️986 061 415 / 620 516 960 / reservas@mazaroca.com

Xarda á brasa

Estamos de volta

Voltamos!!! Con forza e ánimo a tope para reencontrarnos unha vez máis!!!

Recordade que o aforo en interior é un 30% e na terraza un 50%, polo que é moi importante que reservedes a vosa mesa para non quedar logo coas ganas.

☎️986 061 415 – 620 516 960 / reservas@mazaroca.com

Ata logo

Debido ás medidas impostas, outra vez vémonos na obriga de pechar🚪🔑para frear a COVID-19👾 Voltaremos máis fortes para ofrecervos o mellor da nosa cociña!🍅🥦🐟🥩🥰