A primavera chega á Casa de Rosa de Mazaroca

Xa é primavera na Mazaroca, ven e desfruta da nosa terraza e dos nosos pratos, feitos con produtos de primeira calidade.

Temos unha carta á altura de todos os padais e gustos, feita con moito mimo e agarimo.

Ven e desfruta connosco da mellor gastronomía.

Abrimos de luns a domingo (con descanso dos mércores) para comidas e, a maiores, os xoves, venres e sábado tamén para ceas.

A mellor gastronomía está agardando por ti! Vémonos na Casa de Rosa de Mazaroca

Desfruta da mellor gastronomía connosco!!!

Na Casa da Rosa da Mazaroca temos todo listo para que desfrutedes da mellor gastronomía galega. Temos un amplo horario. Abrimos todos os días ao mediodía, para as comidas, e os xoves, venres e sábado, a maiores, tamén abrimos para ceas.

E todos os domingos…. COCIDO GALEGO CON BOLO DO POTE, un completo cocido que fará que desfrutedes aínda máis da xornada dominical composto por costela de porco, pezuño, rabo, orella, cacheira, lacón, ternreira, polo da casa, touciño, panceta, chourizo, chourizo ceboleiro, patacas, repolo e fabas e garbanzos.

Temos unhas hamburguesas de vaca vella que non deixarán a ninguén indiferente, e un risotto, ,mexilóns escabechados, táboas de embutidos… e unhas sobremesas que farán do fin da comida o voso momento preferido con cumblé de mazá con xeado de vainilla, brownie de rosa con xeado ou tarta de cenoura…

AGARDÁMOVOS!!!

Os Reis da Mazaroca

Qué mellor xeito de rematar estas festas de Nadal que celebrar os Reis desfrutando, cos cinco sentidos 😋🍷, dalgúns dos pratos que che ofrecemos estes días na Casa de Rosa de Mazaroca. 🥰

Abrimos o día 6 para xantar e ceas.Reservas no ☎️ 986 06 14 15