Novo horario de atención á clientela na Casa de Rosa de Mazaroca!!! Agora que se achega o outono imos mudar os horarios de atención á clientela para adaptalos á nova tempada.

Poderás xantar calquera día da semana na Mazaroca, de 12h a 16h, e ademais ampliamos o horario de atención os venres, sábados e domingos, nos que estaremos abertos continuamente dende as 12 da mañá ata as 12 da noite, para que poidas vir xantar, cear ou tomar unhas tapas ou unha merenda doce pola tarde.

Tamén seguiremos apostando pola cultura e, cando o tempo o permita, prepararemos actuacións na terraza e cando non atopemos solucións novidosas para ofrecervos música en directo no interior do local.

Lembra reservar por motivos de aforo: 986 061 415 / 620 516 960 / reservas@mazaroca.com