Éxito da Festa do Mar de Vilaboa, que se consolida no panorama gastronómico do Morrazo
A Casa de Rosa de Mazaroca gaña o Premio á Mellor Presentación no Concurso de Cata da III Festa do Mar de Vilaboa. O noso restaurante recibe o galardón pola famosa receita de mexillóns en escabeche.
A festividade, que tivo lugar o 13 e 14 de abril no Adro das Festas de San Adrián, contou coa participación de centenares de persoas, que pudieron saborear, entre outros pratos, as nosas receitas de ameixas, chocos e mexillóns. En concreto, a nosa empanada de mexillóns con chourizo, os mexillóns en escabeche, fabas con ameixas, fideos con ameixas, chocos guisados na súa tinta con cachelos e chocos guisados con garavanzos. Todo para chupar os dedos!
O evento foi un éxito de participación, xa que se serviron, según datos do Concello de Vilaboa, máis de 2.800 racións, un incremento do 40% respecto ao ano anterior.
¡Longa Vida a Festa do Mar de Vilaboa!
A presenza de A Casa de Rosa de Mazaroca nos medios:
A Garboa, Casa de Rosa da Mazaroca e Os Laranxos triunfan na Festa do Mar de Vilaboa – Diario de Pontevedra
O xurado da Festa do Mar de Vilaboa premia o sabor da Garboa, a innovación do Laranxo e a presentación da Mazaroca – Pontevedra Viva
Premio al sabor de A Garboa, la innovación de Os Laranxos y la presentación de A Mazaroca – Faro de Vigo
Vilaboa honra los productos de la ría y sus vinos en una concurrida Festa do Mar – La Voz de Galicia
La Festa do Mar de Vilaboa incrementó en un 40% la venta de raciones – Faro de Vigo
Vilaboa consagra el gusto por el sabor del mar – Diario de Pontevedra