
O bolo do pote era unha das especialidades de Rosa de Mazaroca, o acompañamento por excelencia dun bo cocido e moi fácil de facer.
Ingredientes para un bolo:
- 200 g de fariña de millo
- 50g de fariña de trigo
- Auga do cocido quente
Preparación:
A preparación é ben sinxela, hai que xuntar a fariña de millo cunha pouca fariña triga e ir engadindo auga do cocido pouco a pouco. Traballamos esa masa tendo coidando que non quede moi líquida. Cando a masa ten unha consistencia que permite formar bolas, dámoslle a forma axudándonos dun pouco de fariña triga para que non se pegue nas mans.
Logo reservamos os bolos e botámolos a cocer na auga do cocido cando as patacas do cocido estean case listas. Os bolos non tardan moito en cociñar e cando suban á superficie estarán listos. Déixanse arrefriar e córtanse en rebandas. No momento de servir, pódese aquecer nunha tixola e para desfrutalos aínda máis, engadir un cachiño de touciño entrefebrado.
