Na Casa da Rosa da Mazaroca temos todo listo para que desfrutedes da mellor gastronomía galega. Temos un amplo horario. Abrimos todos os días ao mediodía, para as comidas, e os xoves, venres e sábado, a maiores, tamén abrimos para ceas.
E todos os domingos…. COCIDO GALEGO CON BOLO DO POTE, un completo cocido que fará que desfrutedes aínda máis da xornada dominical composto por costela de porco, pezuño, rabo, orella, cacheira, lacón, ternreira, polo da casa, touciño, panceta, chourizo, chourizo ceboleiro, patacas, repolo e fabas e garbanzos.
Temos unhas hamburguesas de vaca vella que non deixarán a ninguén indiferente, e un risotto, ,mexilóns escabechados, táboas de embutidos… e unhas sobremesas que farán do fin da comida o voso momento preferido con cumblé de mazá con xeado de vainilla, brownie de rosa con xeado ou tarta de cenoura…
AGARDÁMOVOS!!!



