OS DOMINGOS: COCIDO NA MAZAROCA

Tendes ganas dun bo cocido? Queredes desfrutar dun dos mellores platos que a gastronomía galega oferta nesta época do ano? Pois todos os domingos tendes unha cita na Casa de Rosa de Mazaroca, onde poderedes degustar o noso cocido con bolo do pote, feito con agarimo, cos mellores produtos, un cocido ao que non lle falta de nada. Consta de:

SOPA DE COCIDO

COCIDO composto por: costilla de cerdo, pezuño, rabo, orella, cacheira, lacón, tenreira, polo da casa, touciño, panceta, chourizo, chourizo ceboleiro, patatas, repolo, fabas ou garbanzos.

E DE POSTRE: FILLOAS!!!!

Facede a vosa reserva no 986 061 415

AGARDÁMOSVOS!!!


DESPIDE O VERÁN CONNOSCO!!!

Este venres 24 de setembro despediremos o verán na Casa de Rosa de Mazaroca. Para isto estarán connosco en directo TERAPIA DE GRUPO. Unha cita que terá lugar a partires das 21:00 e para a que sería aconsellable que realizarades a vosa reserva no 986 061415 ou en reservas@mazaroca.com.

Pasaremos un bo rato e despediremos con boa música e a mellor compañía este verán 2021!!!!

AGARDÁMOSVOS!!!!