Ingredientes:

  • Peixe espada
  • Patatas de guarnición
  • Allo
  • Pirixel
  • Aceite de oliva 0,4
  • Sal
  • Cabaciña
  • Tomate
  • Berenxena

Elaboración:

Cocemos as patatas en auga con sal e laurel ata que estén o punto, isto dependerá do tamaño.

Na prancha cando esta ben quente poñemos un pouco de aceite de oliva e sal groso e engadimos o peixe espada. Cociñamos durante 2-3 minutos dependendo do grosor.

Noutra prancha ben quente facemos a mesma operación: Sal e aceite. Pasamos as verduras, cortadas en rodaxas de aproximadamente 1 cm. A cabaciña e o tomate será o último que preparemos xa que son as verduras máis brandas e que máis rápido se fan. Antes de retirar da prancha espolvoreamos un pouco de tomillo por encima.

Servimos nunha fonte, mollamos os cachelos e o peixe espada con salsa Mary.

Pódese acompañar cunha maionesa aromatizada con cilantro fresco.