Ingredientes:

  • Patata agria
  • Cebola
  • Pemento vermello
  • Pemento verde
  • Aceite de oliva 0’4
  • Pementón de La Vera doce
  • Lomo alto de bacallao
  • Pementa branca
  • Sal fina
  • Pan de millo
  • Allo
  • Pirixel

Elaboración:

Fritimos as patacas cortadas en panadera para que queden crocantes por fora e brandas por dentro. Salpimentamos e poñemos no fondo dunha fonte para forno.

Sofreímos o pemento, cebola e allo cun pouco de aceite de oliva. Cando empecen a quedar brandos aromatizamos cun pouco de viño branco. Salpimentamos e cubrimos as patatas.

Poñemos o bacallao sobre a cama de patacas e verduras. Desmigamos o pan de millo e cubrimos o bacallao. Mollamos cun pouco de aceite de allo e pirixel e levamos 20 minutos ó forno a 180º.