
Ingredientes:
- Chocos pequenos
- Patacas de guarnición
- Allo
- Pirixel
- Loureiro
- Aceite de oliva 0.4
- Sal gordo
Elaboración:
Lavamos ben os chocos, retirámoslle o pico e os ollos. Reservamos.
Cocemos as patacas de guarnición en auga con sal e loureiro ata que estean no punto.
Poñemos na prancha un pouco de aceite de oliva e sal grosa. Engadimos os chocos coa xibia na prancha. Deixamos durante uns minutos, dependendo do tamaño da peza. Dámoslle a volta e veremos que a cuncha se solta soa. Retiramos, Deixamos cociñar polo outro lado e, antes de retirar da prancha, con coidado, dámoslle a volta para sellalos.
Servimos cun pouco de salsa Mary por encima do choco e das patacas.
Tamén se pode acompañar con alioli.