Ingredientes:

  • chocos
  • cebola
  • pemento vermello
  • pemento verde
  • allo
  • pulpa de pemento choricero
  • sal
  • pementa branca
  • brandi
  • viño branco

Elaboración:

Cortamos a cebola, pementos e allo e sofreímolo ben cun pouco de sal para que suden.

Limpamos os chocos e gardamos a tinta. Cortámolos en dados. As cabezas en cuartos. Engadímolos ó sofrito e, cando empecen a mermar, mollamos co brandi e viño branco. Engadimos a pementa branca e pulpa de pemento choricero.

Cando leve 10 minutos de cocción engadimos o arroz e mollamos con fumet de peixe. Probamos o sal da salsa e rectificamos. Deixamos cocer 15 min e 5 de reposo.

Servimos con alioli.