
Ingredientes:
- bonito/polbo/choco
- cebola
- pemento vermello
- pemento verde
- allo
- aceite de oliva
- pementón doce
- fariña
- auga con gas
- pan relado
Elaboración:
Picamos a cebola, pementos e allo. Engadimos o aceite e pochamos, engadimos o bonito e cociñamos. Deixamos enfriar e añadimos o pementón.
Facemos un volcán ca fariña e engadimos o aceite do sofrito, auga con gas e sal. Amasamos, sen traballar demasiado, ata que quede unha masa homoxénea. Deixamos reposar 15 ou 20 minutos.
Estiramos e poñemos nunha placa de forno previamente engrasada e espolvoreada con pan relado. Engadimos a farsa e tapamos. Levamos o forno 30 minutos a 180º.