Ingredientes:

  • langostinos ou setas, cocido, …
  • fariña
  • manteiga
  • pementa (branca para os langostinos ou negra para o resto)
  • noz moscada
  • sal
  • leite
  • brandi (para os langostinos)
  • cebola (para os langostinos e setas)
  • ovos
  • pan relado
  • fariña

Elaboración:

Picamos a cebola e sofreímola ata blanqueala cunha pisca de sal. Engadimos os langostinos (ou ingrediente desexado), mollamos co brandi e refogámolos.

Mollamos co leite, salpimentamos e poñemos a noz moscada relada. Deixamos que chegue a ferver. Trituramos, deixando algún trociño non moi grande de langostino.

Elaboramos un roux coa manteiga e a fariña. Imos botando pouco a pouco o leite sen deixar de remover. Ata que a masa quede homoxénea e consistente.

Deixamos enfriar cuberta cun papel film. Damoslle forma a masa e pasamola por fariña, ovo e pan relado.

Fritimos en abundante aceite moi quente a 160º.